Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 4 de abril de 2022 Páx. 21303

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2022/23.

Co obxecto de estender o programa de plurilingüismo a novos centros na educación primaria e na educación secundaria obrigatoria, para o curso 2022/23, esta Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional resolve anunciar:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar no programa de ensinanzas plurilingües na educación primaria e na educación secundaria obrigatoria para o curso 2022/23.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2022 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que os centros que desexen impartir o programa de plurilingüismo deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede na ligazón http://www.edu.xunta.es/programaseducativos

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2022

José Luis Mira Lema
Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional