No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 249, do 31 de decembro de 2021, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 28 de decembro de 2021, relativas ás seguintes convocatorias:
– 22 prazas de ténico/a de Administración xeral (subgrupo A1), C.E. 2/21.
– 17 prazas de técnico/a medio/a de xestión (subgrupo A2), C.E. 3/21.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.
A Coruña, 7 de marzo de 2022
A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior