No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 43, do 4 de marzo de 2022, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 17 de febreiro de 2022, relativas ás seguintes convocatorias:
– 1 praza de intendente da Policía Local (subgrupo A1), C.E. 9/21. Promoción interna.
– 1 praza de inspector/a da Policía Local (subgrupo A2) C.E. 8/21. Promoción interna.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.
A Coruña, 8 de marzo de 2022
A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior