Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 1 de abril de 2022 Páx. 21196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/54-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, nº 38, 28028 Madrid.

Denominación: ret. LMT SDM712 O Carballo do Pazo e CC.TT. Beade e Beade Pena.

Situación: Vigo.

Características récnicas:

• LMT aérea a 15 kV, con conductor tipo LAC-28, de 114 metros de lonxitude (tramo de liña que se vai retensar), con orixe na LMTS proxectada do centro de transformación proxectado nº 1 (CT-1 Beade) e final no apoio nº 2 existente de tipo HV 15/630-BR1-CA da LMTA SDM701.

• LMT subterránea (actuación 1) a 15 kV, con condutor tipo RHZ, de 1.190 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña do CT-1 Beade e final na cela de liña do centro de transformación proxectado nº 2 (CT-2 Beade Pena).

• LMT subterránea (actuación 2) a 15 kV, con condutor tipo RHZ de 162 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña do CT-2 Beade Pena e final no condutor existente RHZ1-240 LMTS SDM701 ao CT 36CML9.

• LMT subterránea (actuación 3) a 15 kV, con condutor tipo RHZ de 14 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña CT-1 Beade e final no condutor existente RHV-95 LMTS SDM701 ao CT 36CU77.

• LMT subterránea (actuación 4) a 15 kV, con condutor tipo RHZ de 59 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña CT-1 Beade e final no apoio nº 1 proxectado de tipo C 12/2000-H35-CA da LMTA SDM701.

• Centro de transformación, CT-1 Beade, con relación 15.000/400 V a 400 kVA, emprazado no lugar de Beade.

• Centro de transformación, CT-2 Beade Pena, con relación 15.000/400 V a 250 kVA, emprazado no lugar da Pena, Beade.

A instalación está situada en Vigo.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 11 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 2. Municipio: Vigo; lugar: Dornelas; titular: Antonio Silveira Romero; afección: 32 m2 para o centro de transformación.

Predio 3. Municipio: Vigo; lugar: Dornelas; titular: Armando Piñeiro Comesaña; afección: 2 m2 para o apoio nº 1 e 3 metros de liña aérea con 9 m² de superficie de voo.