Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 31 de marzo de 2022 Páx. 20973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Fornelos de Montes (expediente IN407A 2021/289-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avenida do Concello, 21, 36830 A Lama.

Denominación: LMTS, CT Ventín a Fornelos.

Situación: Fornelos de Montes.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS) en dobre circuíto a 20 kV con condutor tipo RHZ1-2OL de 1.116 metros de lonxitude que alimentará, con entrada e saída, o CT proxectado e conectarase na liña de media tensión existente mediante dous pasos aerosubterráneos entre os apoios existentes 4EM00639 e 4EM00640 da LMT derivación a Ventín. Centro de transformación de 100 kVA situado en caseta prefabricada de formigón monobloque tipo PFU-3 de Ormazábal ou similar. As instalacións están situadas no lugar de Ventín de Abaixo, na parroquia de Ventín, no concello de Fornelos de Montes (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, número 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
(http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 28 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2021/289-4.

Denominación: LMTS, CT Ventín a Fornelos.

Concello: Fornelos de Montes.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT/arqueta

Afeccións

m2

ml sub.

m2 sub.

1

Coutada

Matogueira

36019A019004340000EZ

Descoñecido/a

Apoio 1

arqueta

9.6

1,5

3,15

6,3

2

Leiriña

Matogueira

36019A021001630000ED

Leticia Blanco Freaza

CT

24

33 m2 (afección servidume)