Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 31 de marzo de 2022 Páx. 20996

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 7 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A (expediente 2021/3575-1 e catro máis).

Despois de tentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación dos actos administrativos de citación, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as persoas que as representen debidamente acreditadas.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as ditas persoas interesadas ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo-ala sur-Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 de A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atenderen ao establecido no acto de citación unha vez efectuada a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizaren as actividades necesarias para continuar coa tramitación, se producirá a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e se acordará o arquivamento das actuacións, logo da resolución que será notificada á dita persoa interesada.

A Coruña, 7 de marzo de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto

administrativo

2021/3575-1

34890084G

Citación para o recoñecemento

16.2.2022

2019/7962-1

32345548G

Citación para o recoñecemento

16.2.2022

2021/2833-1

32416161F

Citación para o recoñecemento

16.2.2022

2021/5256-1

32654121D

Citación para o recoñecemento

16.2.2022

2022/0009-1

32949552M

Citación para o recoñecemento

16.2.2022