Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 31 de marzo de 2022 Páx. 20994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 17 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021752AE-PO e dezanove máis).

A xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021752AE-PO e dezanove máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da resolución da Sentenza nº 183/2021, do Tribunal Constitucional, pola que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, nos cales se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido practicar, polo que mediante este anuncio notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 17 de marzo de 2022

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de
expediente

DNI/NIE da
persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021752AE-PO

44491894G

Praza Francisco Fernández del Riego, 4, 1º A, 36203 Vigo

2021816AE-PO

X6889723G

Rúa Doutor Manuel de la Calle, 12, 36680 A Estrada

2021824AE-PO

76720591C

Estrada Pola Vía, 142, 1º B, 36379 Nigrán

2021825AE-PO

36171931S

Rúa Fragata Navas de Tolosa, 20, 2º A, 36950 Moaña

2021843AE-PO

33252689W

Rúa Cervantes, 32, bloque 2, 6ºA, 36610 Vilagarcía de Arousa

2021846AE-PO

33557275E

Rúa Teixugueiras, 1, 10º A, 36212 Vigo

2021847AE-PO

10079197E

Camiño Covelo, 3, 2º D, 36416 Mos

2021871AE-PO

54384914B

Rúa Teixugueiras, 30, 6º D, 36212 Vigo

2021893AE-PO

35488768K

Rúa Galicia, 1, 1º B, 36967 Meaño

2021964AE-PO

X9561113J

Avenida Castelao, 34, 8º D, 36860 Ponteareas

2021974AE-PO

76869972Q

Outeiro, 14, 36636 Ribadumia

20211022AE-PO

52499574G

Resille, 9, 2º, 36938 Bueu

20211030AE-PO

35462339L

Rúa Dos-Rosaleda, 4, 36611 Vilagarcía de Arousa

20211041AE-PO

X3168532Y

Rúa Río Navia, 36, 2º esquerda, 27004 Lugo

20211099AE-PO

54660956F

Rúa Romana Baixa, 4, 1º E, 36370 Nigrán

20211117AE-PO

32838765D

Avenida Pasaxe Conserveira Celta, 1B, 15006 A Coruña

20211176AE-PO

45848961W

Avenida de Lugo, 51, 27500 Chantada

20211202AE-PO

78158964L

Avenida de Vigo, 2 ,1º A, 36003 Pontevedra

20211237AE-PO

X6061364J

Fabaloba Berán, 23, 32420 Leiro

20211249AE-PO

35556665E

Rúa da Lagoela, 1, 3º F, 36470 Salceda de Caselas