Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 30 de marzo de 2022 Páx. 20726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico das instalacións do parque eólico Neboada, situado nos concellos da Rúa, Vilamartín de Valdeorras, A Pobra de Trives, San Xoán de Río (Ourense), Ribas de Sil e Quiroga (Lugo), e promovido por Maia Directorship, S.L. (expediente IN408A/2020/004).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Maia Directorship, S.L.

Domicilio social: rúa Emisora, nº 20, Pozuelo de Alarcón, 28224 Madrid.

Denominación do proxecto: parque eólico Neboada.

Concellos afectados: A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, A Pobra de Trives, San Xoán de Río (Ourense), Ribas de Sil e Quiroga (Lugo).

Potencia que se vai instalar: 50 MW.

Produción neta anual estimada: 155.269 MWh/ano.

Orzamento de execución material (sen IVE): 44.769.440,86 €.

Localización (área de afección):

Vértice poligonal

Parque eólico Neboada

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

A

651.546

4.700.542

B

658.913

4.701.239

C

658.913

4.698.246

D

653.099

4.695.339

E

652.585

4.695.379

F

649.703

4.697.437

Localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Parque eólico Neboada

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

N-1

656.050

4.700.530

N-2

655.710

4.700.270

N-3

655.257

4.700.047

N-4

654.782

4.699.774

N-5

654.301

4.699.426

N-6

654.254

4.698.764

N-7

654.780

4.698.470

N-8

655.107

4.697.980

Localización da subestación:

Subestación

Parque eólico Neboada

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

A

652.452

4.699.402

B

652.353

4.699.406

C

652.350

4.699.340

D

652.450

4.699.336

CENTROIDE

652.402

4.699.371

Localización da torre meteorolóxica:

Torre meteorolóxica

Parque eólico Neboada

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

TM

654.543

4.700.092

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico son as seguintes:

• 1 aeroxerador modelo Siemens Gamesa SG 6.6-170 de 6,6 MW de potencia unitaria (aeroxerador N-1) e 7 aeroxeradores modelo Siemens Gamesa SG 6.0-170 de 6,2 MW de potencia unitaria (aeroxeradores N-2 a N-8), altura de buxa 135 m y 170 m de diámetro de rotor.

• 1 centro de transformación, instalado unitariamente no interior da góndola do aeroxerador N-1, formado por un transformador de 7.000 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,69/30 kV, celas de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• 7 centros de transformación, instalados unitariamente no interior das góndolas dos aeroxeradores N-2 a N-8, formados por transformadores de 6.500 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,69/30 kV, celas de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• Rede eléctrica soterrada a 30 kV, con condutor tipo Al HEPRZ1 18/30 kV 1×240, 400, 630K + H 16 Cu, para a evacuación da enerxía xerada e interconexión entre os centros de transformación 0,69/30 kV.

• Unha torre meteorolóxica de 135 m de altura.

• Subestación Neboada 30/220 kV con parque a nivel de 220 kV de intemperie, simple barra e os seguintes elementos: 1 posición de liña 220 kV saída á subestación Treboada; 3 posicións de transformación 30/220 kV, 50/60 MVA (ONAN/ONAF); 1 posición de barras 220 kV equipada con medida de tensión. Parque a nivel de 30 kV cos seguintes elementos: reactancia de posta á terra con seccionador e autoválvulas. Parque a nivel de 30 KV simple barra, de interior, celas en SF6 cos seguintes elementos: celas de transformador, celas de medida, celas de liñas e celas de banco de condensadores. Equipamento auxiliar para as funcións de control, mando e protección da subestación.

• Liña aérea de evacuación de 220 kV de tensión nominal e 15,2 km de lonxitude desde a subestación Neboada ata a posición de entrada na subestación Treboada.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto polo artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental e proxecto de interese autonómico.

Esta documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 63/982 88 90 60) e de Ourense (rúa Curros Enríquez, 1-4º, 32071 Ourense) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico xefaturaindustria.cei.ourense@xunta.gal ou nos teléfonos 988 68 77 50/988 38 67 13, así como nos concellos da Rúa, Vilamartín de Valdeorras, A Pobra de Trives, San Xoán de Río (Ourense), Ribas de Sil e Quiroga (Lugo), e na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico subdireccion.enerxia@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 45 79/981 54 55 73. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas poidan examinar a documentación técnica e presentar as obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, no prazo de 30 días contados a partir da última publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2022

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais