Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 30 de marzo de 2022 Páx. 20730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 16 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a convocatoria para o pagamento do prezo xusto, acordado polo Xurado de Expropiación de Galicia, do proxecto eléctrico de substitución do apoio na LMT GON806 en Radio Faro, no concello de Vigo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de pagamento do prezo xusto polas imposicións de servidume de paso para a execución do proxecto eléctrico de substitución do apoio na LMT GON806 en Radio Faro, no concello de Vigo, acto que se realizará nas dependencias municipais do referido concello, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados en por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 16 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/189-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución do apoio na LMT GON806 en Radio Faro.

Concello: Vigo.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titularidade proposta

Data

Hora

1

54057A154000250000BB

Treitas-Prado

Descoñecido

5.5.2022

12.00