Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 30 de marzo de 2022 Páx. 20747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 9 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS210A (expediente VI-80994).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación da resolución ditada pola Xefatura Territorial no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, emprazase a persoa citada no anexo ou a persoa que a represente debidamente acreditada, para proceder á notificación da referida resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura territorial. No prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderá comparecer nas dependencias do órgano de valoración de Vigo, sito na calle Numancia, número 3, Vigo, en horario de mañá das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da dita resolución; advírteselle que, de non facelo así, teráselle por efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor o recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 9 de marzo de 2022

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/VI-80994

34576347X

Resolución de recoñecemento

22.2.2021