Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 30 de marzo de 2022 Páx. 20746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 8 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS650G (expediente 3600385-X/18 e un máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos requirimentos de emenda de solicitudes no último enderezo coñecido das persoas que se citan no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, mediante anuncio emprázanse as ditas persoas interesadas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro dos referidos requirimentos e advertíndolles que, de non facelo así, se considerarán notificadas no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, advírtese que, de non atender o requirimento no prazo indicado no dito acto, teranse por desistidas da solicitude logo de resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 8 de marzo de 2022

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS650G

Nº de expediente

DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada

Acto administrativo

Data acto
administrativo

36/00385-X/18

Y0862273V

Requirimento emenda solicitude

13.12.2021

36/00029-X/21

76497107G

Requirimento emenda solicitude

28.1.2022