Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 29 de marzo de 2022 Páx. 20363

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2022 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Resolución do 11 de febreiro de 2022.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Instituto Galego de Promoción Económica, mediante a Resolución do 11 de febreiro de 2022 (DOG núm. 36, do 22 de febreiro), esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se expresa no anexo desta resolución, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Resolución deste instituto do 11 de febreiro de 2022.

Segundo. O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días se non implica cambio de residencia, ou de sete días se leva consigo cambio de residencia. Cando a adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa así como a daquel en que obteña destino consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral de Función Pública.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante este instituto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Apelidos e nome: Pablo Crego Gil.

Número de rexistro de persoal: 3546371724 A2060.

Grupo/subgrupo: A1.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código de posto: IN.IGAPE.00.001.4050118.

Denominación: subdirector de Recursos Humanos e Xestión Administrativa.

Consellería: Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Dependencia: Instituto Galego de Promoción Económica. Xerencia.

Localidade: Santiago de Compostela.