Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 29 de marzo de 2022 Páx. 20365

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2022 pola que se publica o emprazamento a todas as persoas que solicitaron concorrer ás probas selectivas convocadas pola Resolución do 15 de xullo de 2021, para cubrir prazas da escala auxiliar, subgrupo C2, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal funcionario (procedemento abreviado número 56/2022).

Pola Resolución reitoral do 18 de marzo de 2022 remitirase ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela o expediente administrativo relativo ao procedemento abreviado número 56/2022, interposto por Ángel Romero Bustelo, contra a Resolución reitoral do 15 de decembro de 2021 que inadmite a trámite, por extemporáneo, o recurso de reposición presentado polo recorrente contra a convocatoria de probas selectivas para cubrir prazas da escala auxiliar, subgrupo C2, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal funcionario (DOG do 29 de xullo de 2021), e emprázanse as persoas que aparezan como interesadas nel e que poidan resultar afectadas pola sentenza xudicial que se dite no seu día.

En aplicación do artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse todos os interesados para que poidan comparecer no procedemento de referencia no prazo de nove días, contados desde esta publicación, co fin de que acudan, se o consideran conveniente para os seus dereitos, mediante avogado e procurador ou valéndose tan só de avogado con poder para estes efectos, co obxecto de que poidan formular no devandito recurso cantas alegacións coiden oportunas, coa prevención de que, se non comparecen dentro do aludido prazo, recaerán sobre eles os prexuízos correspondentes en dereito.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela