Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 29 de marzo de 2022 Páx. 20328

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2022 pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 12 de abril de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a adquisición e instalación de equipamentos de medida do caudal subministrado en alta por sistemas de abastecemento de auga potable de titularidade pública na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convoca para o ano 2021 (código de procedemento administrativo AU301A).

O 4.5.2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 12.4.2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a adquisición e instalación de equipamentos de medida do caudal subministrado en alta por sistemas de abastecemento de auga potable de titularidade pública na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento administrativo AU301A).

A Dirección de Augas de Galicia, por delegación da Presidencia de Augas de Galicia, ditou resolución de concesión de axudas aos beneficiarios.

Segundo o recollido na Resolución do 12.4.2021, citada, debe publicarse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Augas de Galicia a relación das subvencións concedidas.

As axudas fináncianse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

De conformidade co previsto nos artigos 12 e 22 da Resolución do 12.4.2021, xa citada,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial de Augas de Galicia a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Disposición adicional única da Resolución do 12.4.2021;
DOG número 83, do 4 de maio)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Detalle de axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 12.4.2021

Concello beneficiario

Importe da subvención concedida

Riotorto

2.999,99 €

Ribeira de Piquín

757,66 €

Portomarín

2.993,54 €

Porto do Son

3.500 €

Esgos

1.621,50 €

A Teixeira

1.092,21 €

Ames

1.476,20 €

Lousame

1.499,99 €

Manzaneda

1.000 €

Vilamartín de Valdeorras

1.500 €

Petín

1.000 €

Pantón

5.999,97 €

O Incio

2.999,98 €

Bóveda

2.750 €

Carballedo

2.750€

Ares

3.500 €

Meis

5.127,64 €

Santa Comba

8.316,9 €

Valga

6.000 €

Moeche

1.500 €

Xermade

2.500 €

Castrelo do Val

750 €

Boiro

12.000 €

Vilariño de Conso

1.500 €

Ramirás

500 €

Arbo

5.749,98 €

A Cañiza

8.999,99 €

A Guarda

5.373,66 €

Caldas de Reis

9.000 €

O Páramo

2.980,59 €

Ribadeo

7.865,32 €

Oia

2.051,23 €

Punxín

2.000 €

Gondomar

6.749,99 €

Sober

5.749,99 €

A Bola

1.000 €

Mesía

3.000 €

Salvaterra de Miño

8.334,77 €

Vila de Cruces

5.500 €

Marín

12.749,96 €

Ponteceso

9.000 €