Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 29 de marzo de 2022 Páx. 20435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de marzo de 2022 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 339/2020 no expediente de reposición da legalidade POL/2/2020.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario núm. 339/2020, interposto polas persoas con DNI 35232603F e 76850918Y, contra a desestimación presunta da solicitude presentada o 9.12.2019, instando a incoación do expediente e a demolición das obras realizadas na planta baixa do inmoble número 12-14-16-18 da avenida de León, no concello de Sanxenxo, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázanse as persoas con DNI 039640045H e 34553326W, a Mª Esther Blanco Díaz e a Mª Dolores Casal Limeres e aos herdeiros de Ramón Serantes Torres para que poidan presentarse como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística