Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 29 de marzo de 2022 Páx. 20385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 18 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico) en relación co proxecto de modificación do parque eólico Mondigo, nos concellos de Trabada e Ribadeo (expediente LU-11/133-EOL).

Por Acordo do 14 de decembro de 2021, desta xefatura territorial, sometéronse a información pública (DOG núm. 243, do 21 de decembro) as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico) en relación co proxecto de modificación do parque eólico Mondigo, nos concellos de Trabada e Ribadeo (expediente LU-11/133-EOL).

De acordo co establecido no artigo 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 2 de setembro de 2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o referido parque eólico e, con base nos artigos 44 da mencionada Lei 5/2017, do 19 de outubro, e 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o 17 de setembro de 2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu declarar a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos. Por este motivo, a citada información pública fíxose polo prazo de 15 días.

Non obstante o anterior, vista a Sentenza núm. 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, aínda que esta non adquiriu firmeza, con base no principio de seguridade xurídica sométese de novo a información pública por un prazo de 30 días a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico) en relación co proxecto de modificación do parque eólico Mondigo, situado nos concellos de Trabada e Ribadeo (Lugo) e promovido por Esus Energía Renovable, S.L. (expediente LU-11/133-EOL).

Antecedentes.

Mediante a Resolución do 7 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, autorízanse as instalacións, apróbase o proxecto de execución e declárase a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros, do parque eólico Mondigo, situado nos concellos de Trabada, Barreiros e Ribadeo (DOG núm. 74, do 16 de abril).

O 23 de febreiro de 2021, Esus Energía Renovable, S.L. presentou unha solicitude de autorización administrativa previa e de construción de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación (procedemento IN408A), para a modificación do proxecto denominado parque eólico Mondigo (expediente LU-11/133-EOL), ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canón eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

O 26 de outubro de 2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais achegou a esta xefatura territorial os trámites por ela realizados xunto co expediente, que cualifica a modificación formulada pola empresa para o proxecto como substancial, para continuar coa tramitación.

De acordo co exposto, en cumprimento do establecido na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia); na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: Esus Energía Renovable, S.L.

Domicilio social: avenida Diagonal, 407 bis, planta 11, 08008 Barcelona.

Denominación do proxecto: proxecto de execución de modificación do parque eólico Mondigo.

Situación: concellos de Trabada e Ribadeo (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico: (ADE): Mondigo.

Potencia instalada: 45 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 13.

Produción neta anual estimada: 148.057 MW h/ano.

Orzamento de execución material: 29.612.524,97 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

M1

649.877,641

4.812.808,637

M2

652.209,541

4.812.808,637

M3

652.209,541

4.817.011,807

M4

643.310,606

4.817.011,807

M5

643.310,606

4.811.581,635

M6

647.213,571

4.811.581,635

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Datum ETRS89 (fuso 29)

Concello

UTM-X

UTM-Y

1

650.648

4.813.154

Trabada

2

650.691

4.813.721

Trabada

3

650.731

4.814.128

Trabada

4

650.318

4.814.223

Trabada

5

650.771

4.815.232

Ribadeo

6

650.396

4.815.251

Ribadeo

7

649.606

4.815.462

Ribadeo

8

649.455

4.816.127

Ribadeo

9

647.147

4.813.299

Trabada

10

646.722

4.813.306

Trabada

11

646.460

4.813.535

Trabada

12

646.298

4.813.836

Trabada

13

645.716

4.814.342

Trabada

Coordenadas de localización da SET:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

1

645.623,709

4.814.441,986

2

645.684,303

4.814.445,848

3

645.686,055

4.814.418,346

4

645.649,018

4.814.415,986

5

645.648,658

4.814.421,622

6

645.625,093

4.814.420,257

Características técnicas principais das instalacións:

– Trece (13) aeroxeradores, modelo GE137 3.8 MW do fabricante General Electric, de 3.800 kW de potencia nominal, que deberá de ser convenientemente limitada para que a potencia nominal instalada non supere os 45 MW. Os aeroxeradores terán unha altura de buxeiro de 110 metros e un diámetro de rotor de 137 metros.

– Trece (13) centros de transformación, instalados unitariamente no interior de cada aeroxerador, de 4.126 kVA de potencia aparente e relación de transformación 0,69/30 kV coa súa correspondente aparellaxe de seccionamento, manobra e protección.

– Rede colectora soterrada de 30 kV, formada por tres circuítos con condutor tipo AL HEPRZ1 18/30 kV, para a interconexión dos centros de transformación 0,69/30 kV coa SET 30/132 kV do parque, co obxecto de evacuar a enerxía xerada. A rede tamén conta, para a sinalización e manobra do parque desde o edificio de control, con cable óptico tipo monomodo (9/125µm) ou multimodo (50/125 µm), segundo as distancias.

– Subestación eléctrica transformadora (SET) parque eólico Mondigo 30/132 kV, con edificio de control, transformador de potencia trifásico de 55/62,5 MVA ONAN/ONAF, transformador de servizos auxiliares de 400 kVA de potencia nominal e relación de transformación 30/0,4 kV, así como grupo electróxeno de 68 kVA 400/230 V e 50 Hz, equipos de seccionamento, medida, protección, telemando e demais elementos auxiliares. O recinto da SET atopase no concello de Trabada (Lugo).

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

– Proxecto de execución, modificación (de novembro de 2021), das instalacións para os efectos da súa autorización administrativa previa e de construción.

– Estudo de impacto ambiental, modificación (de outubro de 2021).

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico), modificación (de xaneiro de 2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 88 90 87), así como nos concellos de Trabada e Ribadeo (Lugo).

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación na seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/mondigo

Lugo, 18 de marzo de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo