Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 29 de marzo de 2022 Páx. 20423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións administrativas ditadas no procedemento administrativo BS210A (expediente LU-0000012509 e un máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo dos intentos da notificación realizados sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para proceder á notificación das resolucións ditadas nos procedementos de reintegro de prestacións relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos da notificación, as persoas interesadas ou as persoas que legalmente as representen poderán comparecer para ter coñecemento íntegro do acto e constancia deste, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base-rúa Serra de Ancares, nº 68-baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese de que contra estas resolucións que non esgotan a vía administrativa poderán interpoñer o recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, ante a persoa titular da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 10 de febreiro de 2022

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Proced. BS210A

Nº expediente

Persoa interesada

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

LU-0000012509

32124843F

Resolución improcedencia reintegro e arquivamento

4.1.2022

LU-0000045275

33778375T

Resolución improcedencia reintegro e arquivamento

4.1.2022