Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 28 de marzo de 2022 Páx. 20260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Escurís, S.L. para unha planta de fabricación de conservas de peixe na Pobra do Caramiñal (A Coruña) (expediente 2020-IPPC-M-44).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31.12.2016), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19.10.2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

Documento de revisión da AAI.

Fábrica de conservas de peixe da Baiuca.

A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Para que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Os documentos estarán á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2020-IPPC-M-44.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2006/0379_NAA/IPPC_061.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.1.b.i, do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Escurís, S.L.

NIF: B15618358.

Localización da instalación: A Baiuca, 15940 A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Referencia catastral da parcela: 4566602NH0146N0000KX.

Actividade principal: elaboración de conservas de peixe.

Descrición: a planta de Escurís, S.L. ten por actividade principal a elaboración de conservas de peixes. As instalacións ocupan unha parcela de aproximadamente 50.000 m2 no lugar da Baiuca, no concello da Pobra do Caramiñal.

O proceso produtivo ten etapas específicas segundo o produto que se elabore pero, de forma xeral, comprende as seguintes etapas:

– Recepción e control na recepción.

– Desconxelación.

– Corte, eviscerado e lavado.

– Cocción/cocción en salmoira.

– Adición de líquido de cobertura/aditivos.

– Empaquetado (peche da apertura superior da lata).

Os envases péchanse mediante máquinas automáticas, esterilízanse en autoclave, lavado e secado, acondicionado e colocación nas latas, almacenamento e etiquetaxe dos palés e, finalmente, expedición nos peiraos de carga.