Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 25 de marzo de 2022 Páx. 19878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2022 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento ordinario 66/2022, interposto polo Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o procedemento ordinario 66/2022, interposto polo Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte contra a Resolución do 2 de decembro de 2021 pola que se acorda publicar a relación de postos de traballo do persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, que conta a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 17 de marzo de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo