De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica en expediente de reclamación de danos en materia de estradas (Lei 6/2015, do 7 de agosto, de estradas de Galicia), devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido a súa destinataria ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.
Segundo establece o artigo 46 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (avenida María Victoria Moreno, nº 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Fáiselle saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que a demandante teña o seu domicilio, ou no de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia da interesada, se é o caso.
Para que conste e lles sirva de notificación á interesada, asino e selo este anuncio.
Pontevedra, 14 de marzo de 2022
Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
Estrada |
RD/PO-120/2021 |
Lucía Solla Blanco |
Resolución de expediente |
PO-225 (Alba-San Caetano) |