Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 25 de marzo de 2022 Páx. 19626

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 8 de marzo de 2022 pola que se modifica a autorización do centro privado plurilingüe San Narciso, de Marín.

A persoa representante da titularidade do centro privado plurilingüe San Narciso de Marín solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) de Educación Infantil e o incremento de 2 unidades do CS Ensinanza e Animación Sociodeportiva, así como o incremento de 20 a 30 postos escolares do CM Coidados Auxiliares de Enfermaría.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro e autorizar o CS Educación Infantil, o incremento de 2 unidades do CS Ensinanza e Animación Sociodeportiva e o incremento de 20 a 30 postos escolares do CM Coidados Auxiliares de Enfermaría, quedando o centro configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.

Denominación específica: San Narciso.

Código: 36004526.

Enderezo: Chan do Monte, nº 27.

Localidade: Marín.

Concello: Marín.

Código postal: 36900.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Seimarin2019, S.L.

Composición resultante:

Educación infantil: 6 unidades.

Educación primaria: 18 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

Bacharelato: 6 unidades das modalidades de: Ciencias, Humanidades e Ciencias Sociais.

Formación profesional, modalidade presencial, réxime ordinario:

a) Ciclos formativos de grao medio:

• 1 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (1 unidade para 30 postos escolares).

• 1 CM Farmacia e Parafarmacia (2 unidades, 20 postos escolares cada unha).

b) Ciclos formativos de grao superior:

• 1 CS Administración e Finanzas (2 unidades, 20 postos escolares cada unha).

• 2 CS Ensinanza e Animación Sociodeportiva (4 unidades, 20 postos escolares cada unha).

• 1 CS Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos (2 unidades, 20 postos escolares cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades, 20 postos escolares cada unha).

• 1 CS Educación Infantil (2 unidades, 20 postos escolares cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade