Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 25 de marzo de 2022 Páx. 19622

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se modifica o anexo A da Resolución do 4 de xaneiro de 2022 pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2022 (código de procedemento MT806B).

Antecedentes:

Primeiro. Mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 4 de xaneiro de 2022 aprobouse a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2022 (DOG núm. 9, do 14 de xaneiro).

Segundo. O anexo A desa resolución establece a relación de embarcacións e tripulantes autorizados a participar neste plan.

Terceiro. O día 9.3.2022, o patrón maior da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol do Carril solicitou que se modifiquen os tripulantes autorizados na embarcación Tilocha Primera, por estar un deles de baixa.

Cuarto. O cambio de tripulantes non supón un aumento do esforzo pesqueiro respecto do aprobado o ano anterior. Xuntan a documentación que xustifica os cambios.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A normativa de aplicación para a resolución deste procedemento vén determinada polo Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; pola Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia (DOG núm. 9, do 15 de xaneiro), e polo Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG núm. 106, do 4 de xuño).

Segundo. O artigo 9 do Decreto 130/2011 dispón que se poderán renovar os plans de aproveitamento específico de anguía por períodos dun ano, sempre que se cumpran as condicións e cos informes previstos nos puntos dous e tres do devandito artigo.

Terceiro. Segundo o Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, corresponde a esta consellería, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a ordenación, a conservación, a protección, o fomento e o aproveitamento sustentable dos recursos cinexéticos e piscícolas nas augas continentais.

Resolución.

Visto o exposto, acórdase modificar o anexo A da Resolución do 4 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2022, para incluír na embarcación Tilocha Primera a María del Carmen Portas Gago, que substitúe a Antonio Pesado Romay.

O anexo A queda substituído polo anexo desta resolución.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo de 1 mes desde a súa publicación, segundo o recollido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Pontevedra, 18 de marzo de 2022

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de embarcacións e tripulantes autorizados a participar no Plan de aproveitamento da anguía no río Ulla para o ano 2022

– Confraría de Pescadores Santiago Apóstol do Carril.

Núm.

Embarcación

Matrícula

Participantes no plan

1

Ángeles

VILL-3ª-10.128

José Manuel Pesado Romay

Juan Gabino Campos Taibo

Tatiana Pesado Batalla

2

Auxiliar Pesado

VILL-3ª-8.707

Roberto Barreiro Pesado

Gerardo Barreiro Pesado

3

Camba

VILL-3ª-9.952

Ricargo Jueguen Martínez

Elena Lago Pérez

4

Eu

VILL-3ª-10.223

Ramón Barreiro Blanco

Juan Francisco García Cameán

5

Gima

VILL-3ª-4.092

José Barreiro Blanco

Carmelo Campos Taibo

Mª Luz Rodríguez Potel

6

María del Carmen

VILL-3ª-2.652

Alfonso Barreiro Ferreirós

7

Porto

VILL-3ª-10.131

Rafael Ozores Grande

Begoña Barreiro Ferreirós

8

Tami Uno

VILL-3ª-3-2-08

José Ángel Pesado Taibo

Alejandro Pesado Taibo

9

Tilocha Primera

VILL-3ª-3-21

María del Carmen Portas Gago

Marcos Pesado Portas

Iván Pesado Portas

10

Vicenta

VILL-3ª-10.156

Miguel Barreiro Blanco

Miguel Ángel Campos Taibo

11

Xurxo

VILL-3ª-8-91

José Manuel Diz Álvarez

María Begoña Gerpe Jamardo

Total: 11 embarcacións-24 tripulantes.

– Confraría de Pescadores Virxe do Carmen de Rianxo.

Núm.

Embarcación

Matrícula

Participantes no plan

1

O Quinso

VILL-3-21-8

Serafín Rubio Collazo

Manuel Gómez Gómez

2

Curota

VILL-3-4-02

Eloy Vidal Galbán

Mª Vanesa Pérez Abuín

3

Espada

VILL-3-9473

Jorge Rubio Collazo

Paula Comojo Moares

4

Paraná

VILL-3-12-96

José Luis Silva Conde

Obdulia Conde Rañó

5

Peruco

VILL-3-9-98

Xacobo Vicente Patiño

Juan Vicente Patiño

6

Somos Dos

VILL-3-9651

José Ramón Fungueiriño Castro

7

Xoana

VILL-3-13-92

Juan Diego Tembra Domínguez

Cristina Ces Ordóñez

Total: 7 embarcacións-13 tripulantes.