Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 25 de marzo de 2022 Páx. 19853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 14 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente de caducidade do permiso de investigación O Facho número 2969.

Despois de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázase para proceder á notificación do acto administrativo a interesada que se sinala no dito anexo ou a persoa representante debidamente acreditada.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Debido ao protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer

Pontevedra, 14 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoa interesada

Acto notificado

Extracción Granefa, S.L.

Acordo de inicio do expediente de caducidade para o permiso de investigación O Facho nº 2969