Despois de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Debido ao protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 14 de marzo de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Persoa interesada |
Acto notificado |
José María Calderón Orth |
Resolución do 24 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita unha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2019/230-4). |
Hros. de Hermindo Justo Pazos |
Resolución do 25 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Silleda (expediente IN407A 2021/066-4). |
José Luis Alonso Medina |
Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación Ret. GON807 e substitución CTI Piquetes por CTC (expediente IN407A 2021/174-4). |
Basilio Fernández Barcelo Basilio Pérez Martínez Carmen Míguez González Casiano González Míguez Encarna González Dagrata |
Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación LMTA ATI727, CTI na Bouza (expediente IN407A 2021/205-4). |
Belarmino Campo Vila |
Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación LMTA, LMTS MOS706 polígono industrial Monte Faquiña (expediente IN407A 2021/217-4). |
Moisés Balboa Pereira |
Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación LMTS e cambio de CTI a CTC Sopegal (expediente IN407A 2021/237-4). |
Hrdos. Josefa Ferreira Pérez Hrdos. Manuel Taibo González Rosa Iglesias Lago Bienvenido Carrera Morgadas Consuelo Lago Bastos Hrdos. Primitiva Dionisia Carrera Barciela Eugenio Carrera Grandal, Magdalena Campo Grandal Hrdos. Ceferino Lago Bastos Mercedes Campo Carrera Severo Paredes Barciela |
Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación LMTA, LMTS e CT polígono 31 (expediente IN407A 2021/254-4). |
Eduardo Costa Aballe |
Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación recuamento da LMT DC BAL708-702 no Rozo (expediente IN407A 2021/312-4). |
María del Carmen González Alonso |
Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación LMTS e CT A Louriña (expediente IN407A 2021/314-4). |