Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 24 de marzo de 2022 Páx. 19596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación de Profesionais da Fotografía e a Imaxe de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo do Emprego Autónomo da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social están depositados os estatutos da Asociación de Profesionais da Fotografía e a Imaxe de Galicia, da que se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: representar e defender os intereses dos asociados no ámbito da fotografía e da imaxe.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da asociación todas aqueles profesionais autónomos cuxas actividades estean incluídas no ámbito da asociación.

Asinantes da acta de constitución: José Vicente Domínguez Varela, Marcos Rodríguez Cotelo, Pablo Verdes Núñez, Manuel Iglesias Vázquez e Víctor Manuel Martinez Campos.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2022

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo
e Economía Social