Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 24 de marzo de 2022 Páx. 19595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 11 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0211/2020 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos ou porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 11 de marzo de 2022

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

Interesados

Acto notificado

Acto adoptado por

CON-PO-0211/2020

71249138Z

Recurso extraordinario

O xefe territorial

CON-PO-0014/2022

44084033W

Incoación

O xefe territorial