Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2022 Páx. 19373

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rábade

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos ou ben non foi posible a práctica da notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Expediente

Ref. catastral

Titular

371/2021

27056A001001040000DO

14582671G

373/2021

27056A001000040000DT

Herdeiros de Eugenio Gil Martínez e José Gil Martínez

Os titulares responsables dispoñen dun prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, para cumprir coas obrigas de xestión da biomasa indicadas.

Advírteselles aos responsables da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas de que, se non realizan as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o Concello procederá, logo dos trámites pertinentes, á execución subsidiaria destas e á liquidación das cantidades que correspondan polos traballos efectuados ou ao inicio do correspondente procedemento sancionador.

Ponse á disposición dos interesados o contido íntegro da notificación e o expediente completo para a súa consulta nas oficinas do Concello de Rábade, sitas na Praza do 28 de maio, s/n, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Rábade, 9 de marzo de 2022

Francisco Xosé Fernández Montes
Alcalde