Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2022 Páx. 19372

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de modificación puntual o3 do Plan xeral de ordenación municipal vixente, no ámbito territorial da ficha L-53 do seu catálogo de protección (estación de ferrocarril) para a descatalogación do edificio de Correos.

O Concello Pleno en sesión que tivo lugar o día 24 de febreiro de 2022, aprobou inicialmente o proxecto de modificación puntual 03 do Plan xeral de ordenación municipal vixente, aprobado definitivamente de forma parcial pola Orde do 29 de abril de 2011 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI), no ámbito territorial da ficha L-53 do seu catálogo de protección (estación de ferrocarril) para a descatalogación do edificio de Correos, redactado polo Servizo Municipal de Arquitectura do Concello de Lugo (arquitecta municipal Susana Penedo Souto).

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

O documento inicialmente aprobado poderá consultarse na sede electrónica deste concello a través da seguinte ligazón:

http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Lugo, 11 de marzo de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto número 2973/2021)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Concelleira delegada da Área de Gobernanza, Economía e Recursos Humanos, en substitución do concelleiro delegado da Área de Sostibilidade Urbana