Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2022 Páx. 19358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas propietarias da zona de concentración parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña) para seren notificadas por comparecencia dunha modificación das bases de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a persoas propietarias da zona de concentración parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña), que figuran no anexo, para ser notificadas por comparecencia dunha modificación das bases de concentración da zona.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 35, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 8 de marzo de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Persoa interesada

Acto notificado

Zona de concentración parcelaria

76360121Y

Resolución de modificación de bases

Fisteus (Curtis-A Coruña)

32406677B

Resolución de modificación de bases

Fisteus (Curtis-A Coruña)