Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2022 Páx. 19359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Xanceda II (Mesía), para ser notificado por comparecencia dun trámite de audiencia pola revisión gráfica e documental.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da Zona de Concentración Parcelaria de Xanceda II (Mesía-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dun trámite de audiencia pola revisión gráfica e documental.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 45 16, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberáse efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 9 de marzo de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto notificado

Zona de concentración parcelaria

32.407.077-P

Trámite de audiencia

Xanceda II ( Mesía-A Coruña)