Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2022 Páx. 19078

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de director xeral de Recursos Humanos.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 43, do 22 de febreiro de 2022, e número 60, do 15 de marzo de 2022, publicáronse integramente as bases reguladoras do procedemento que vai rexer a convocatoria para prover, mediante libre designación, o posto de director xeral de Recursos Humanos, pertencente ao grupo A, subgrupo A1.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Ourense, 16 de marzo de 2022

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde