Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2022 Páx. 19077

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para o acceso a unha praza de auxiliar administrativo, en quenda de promoción interna.

A Xunta de Goberno Local, en sesión realizada o día 10 de marzo de 2022, aprobou a convocatoria e as bases para a provisión dunha praza de auxiliar administrativo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 51, do 16 de marzo de 2022, publicáronse as bases reguladoras do proceso selectivo, mediante concurso-oposición por promoción interna, para a provisión en propiedade dunha praza vacante de auxiliar administrativo de Administración xeral, subgrupo C2, persoal funcionario, incluída na oferta de emprego público 2020.

As instancias para tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no Rexistro Xeral deste concello ou na forma prevista no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios, relacionados con esta praza, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, na sede electrónica deste concello (https://mugardos.sedelectronica.gal) e no taboleiro de edictos do Concello de Mugardos (A Coruña).

Mugardos, 16 de marzo de 2022

Juan Domingo de Deus Fonticoba
Alcalde