Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2022 Páx. 18928

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

DECRETO 35/2022, do 17 de marzo, polo que se nomea reitor magnífico da Universidade de Santiago de Compostela o profesor doutor Antonio López Díaz.

Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, regula no seu artigo 20 a forma de elección do reitor e dispón que será nomeado polo órgano correspondente da Comunidade Autónoma.

Pola súa banda, os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, dispoñen no seu artigo 83 que o reitor será elixido pola comunidade universitaria, mediante elección directa e sufraxio universal libre e secreto, e nomeado polo órgano correspondente da Xunta de Galicia.

En virtude do disposto no artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, e nos estatutos da propia universidade, tivo lugar o día 23 de febreiro de 2022 un novo proceso electoral para a elección de reitor.

A Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela comunica á Consellería de Cultura, Educación e Universidade que o día 9 de marzo de 2022 foi proclamado reitor electo o profesor doutor Antonio López Díaz.

Na súa virtude, en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, por instancia da Universidade de Santiago de Compostela, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezasete de marzo de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear reitor magnífico da Universidade de Santiago de Compostela o profesor doutor Antonio López Díaz.

Lugo, dezasete de marzo de dous mil vinte e dous

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade