De conformidade co disposto na base décima da Resolución do 24 de maio de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se convocan as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo (DOG núm. 101, do 1 de xuño), concluídas as citadas probas e, por proposta da presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, esta secretaría xeral técnica
RESOLVE:
Dar publicidade ás listas de aspirantes declarados «aptos» nas probas de aptitude para o acceso á profesión de xestor administrativo que figura como anexo, de conformidade coa Resolución do tribunal do 2 de febreiro de 2022.
Contra a dita resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución. Transcorrido o prazo de tres meses sen resolución expresa, o recurso poderase entender desestimado. A resolución expresa ou presunta do recurso pon fin á vía corporativa e poderá ser impugnada na orde xurisdicional contencioso-administrativa, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2022
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo
ANEXO
Relación de aspirantes declarados aptos nas probas de aptitude
para o acceso á profesión de xestor administrativo
Nº |
Nome |
DNI |
1 |
Álvarez Martínez, José Benito |
***5287** |
2 |
Barros Pereira, Eduardo |
***9782** |
3 |
Bermúdez Portas, Tomás |
***5833** |
4 |
Bóveda Río, Ana María |
***5719** |
5 |
Durán Camino, César |
***4586** |
6 |
Folgar Reinante, Pedro Joaquín |
***8128** |
7 |
García Couso, Dalia |
***3369** |
8 |
Leiracha Amado, Alba Atenea |
***1066** |
9 |
Lema Romero, Juan José |
***3659** |
10 |
Lestayo Regueiro, María |
***9971** |
11 |
Nogueira Sordo, Carla |
***6617** |
12 |
Omil Vidal, Manuel Carlos |
***9980** |
13 |
Rey Ramilo, José David |
***8727** |
14 |
Sánchez Mosteiro, Lorena |
***3072** |
15 |
Sánchez-Almadén Prieto, Yolanda |
***2635** |
16 |
Santos Pardo, Iria |
***8956** |
17 |
Soto Cid, Mª Aránzazu |
***5690** |
18 |
Vázquez Bugarín, Óscar |
***7604** |
19 |
Vázquez Castro, Uxía |
***3589** |