Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2022 Páx. 19007

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 10 de marzo de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

Na sesión que tivo lugar o día 10 de marzo de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2

ACORDOU:

Primeiro. Examinadas as reclamacións presentadas polas persoas aspirantes sobre a as listaxes de puntuacións publicadas mediante o Acordo do 10 de febreiro de 2022 (DOG núm. 34, do 18 de febreiro) e feita unha nova corrección respecto ás vinte e unha reclamacións recibidas, dúas ven modificada a súa puntuación, o que non afecta o número de aspirantes que superaron o exercicio.

Segundo. Publicar no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que viron modificada a súa puntuación.

Terceiro. Declarar exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio, por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral da Función Pública, ao abeiro do previsto na base II.1.1.3 da orde da convocatoria.

Cuarto. Declarar finalizada a fase de oposición do proceso selectivo.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2022

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal