Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2022 Páx. 18913

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Ponte Caldelas para desenvolver as facultades de xestión, liquidación e recadación da taxa por instalación de postos, casetas de venda e camións-tenda situados en terreo de uso público.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de febreiro de 2022, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Ponte Caldelas por acordo do Pleno, na sesión do 25 de novembro de 2021, para desenvolver as facultades de xestión, liquidación e recadación da taxa por instalación de postos, casetas de venda e camións-tenda situados en terreo de uso público.

A citada delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2022

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

P.D. (Resolución 2019012988, do 15.7.2019)

Carlos López Font

Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra