Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2022 Páx. 18867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico das instalacións do parque eólico Mancelo e da súa infraestrutura de evacuación, situado nos concellos de Covelo e A Cañiza (Pontevedra) e de Avión (Ourense), promovido por Alto de Mancelo, S.L. (expediente IN408A/2019/019).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia; pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixentes de aplicación, sométese á información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Alto de Mancelo, S.L.

Domicilio social: Parque San Lázaro, nº 7, 1º, 32003 Ourense.

Denominación do proxecto: parque eólico Mancelo.

Municipios afectados: Covelo e A Cañiza (Pontevedra), e Avión (Ourense).

Potencia que se vai instalar: 12,6 MW.

Produción neta anual estimada: 36.975 MWh/ano.

Orzamento de execución material (sen IVE): 9.228.640 €.

Localización (área de afección):

Vértice poligonal

Parque eólico Mancelo

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

P01

557.500,00

4.687.500,00

P02

559.000,00

4.687.500,00

P03

559.000,00

4.684.000,00

P04

557.500,00

4.684.000,00

Localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Parque eólico Mancelo

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

1

558.383,00

4.685.195,00

2

558.482,00

4.684.924,00

3

558.579,00

4.684.660,00

Localización do centro de seccionamento e da arqueta receptora (inicio e final da liña 30 kV):

Parque eólico Mancelo

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

Centro de seccionamento

558.539,00

4.684.693,00

Arqueta receptora

556.533,00

4.678.117,00

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico, así como as das súas infraestruturas de evacuación incluidas no proxecto, son as seguintes:

– 3 aeroxeradores modelo Vestas V136 de 4.200 kW de potencia nominal unitaria cunha altura de torre de 112 metros e cun diámetro de rotor de 136 metros.

– 3 centros de transformación, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador, formados por transformadores de 4.700 kVA de potencia nominal e relación de transformación 30/0,72 kV, celas de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

– Rede subterránea a 30 kV, con condutor tipo RHZ1 18/30 kV Al, para a evacuación da enerxía xerada e interconexión entre os centros de transformación 0,72/30 kV e o centro de seccionamento do parque eólico.

– Centro de seccionamento e medida en edificio prefabricado, no cal se aloxarán as celas de 30 kV para medida, seccionamento e protección de liñas de entrada/saída dos circuítos, así como os demais elementos de medida, control e protección.

– Liña aerosubterránea a 30 kV, simple circuíto, con orixe no centro de seccionamento e final na arqueta receptora situada na subestación colectora Alto da Telleira (esta subestación é obxecto de proxecto independente). Está composta por dous tramos subterráneos e un tramo aéreo. Este último, en condutor LA-280 (242-AL1/39-ST1A), está formado por 15 apoios e ten unha lonxitude de 3.453 metros. Os dous tramos subterráneos, en condutor RHZ1-2OL 18/30 kV, totalizan unha lonxitude de 4.855 metros.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto polo artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: o proxecto de execución, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico.

Esta documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 5º, 36071 Pontevedra) e de Ourense (r/ Curros Enríquez, nº 1, 4º, 32071 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa, respectivamente, no teléfono 986 80 52 39 e no correo electrónico enerxia-minas.ceei.ourense@xunta.gal, ou no teléfono 988 38 67 35, así como nos concellos de Covelo e A Cañiza (Pontevedra), de Avión (Ourense) e na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico subdireccion.enerxia@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 45 79/981 54 55 73. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas poidan examinar os documentos indicados anteriormente e presentar as alegacións que consideren oportunas no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2022

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais