Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2022 Páx. 18871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 8 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LAT 220 kV Atios-Montouto, treito subestación Atios-apoio 13, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV Atios-Montouto. Tramo subestación Atios-apoio 13, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito no cal acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terá dereito a facer as alegacións que considere oportunas, empregando os métodos de valoración que xulgue máis convenientes para xustificar a súa valoración, e así mesmo achegar as probas que considere oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 8 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2018/321-4.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV Atios-Montouto. Tramo subestación Atios-apoio 13.

Concello: O Porriño.

Predio

Refª catastral

Titularidade

60

36039A02600258

Emilio Romero

64

36039A02600320

Hros. de Olivia Besada Besada

108

36039A02500310

Descoñecido

110

36039A02500309

Descoñecido

142

36039A02500378

Descoñecido

144

36039A02500381

Descoñecido