Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2022 Páx. 18278

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Valadouro

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación de normas urbanísticas.

Aprobado inicialmente polo Acordo do Pleno do 14 de febreiro de 2022 xunto co estudo ambiental estratéxico, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis difusión da provincia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado para que se formulen as alegacións que se xulguen pertinentes.

O expediente estará á disposición na sede electrónica deste concello.

O presente anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non se poida efectuar a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Así mesmo, suspéndese o outorgamento das licenzas nas áreas afectadas pola modificación urbanística aprobada cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

O Valadouro, 22 de febreiro de 2022

Edmundo Maseda Maseda
Alcalde