Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2022 Páx. 18247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de transformación de cooperativa xuvenil en ordinaria da entidade Labrecos, S. Coop. Galega Xuvenil.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir o acordo de transformación de cooperativa xuvenil en ordinaria da entidade Labrecos, S. Coop. Galega Xuvenil, acordada na asemblea xeral do 9 de febreiro de 2022, no Rexistro Provincial da Coruña. A cooperativa modifica a totalidade dos estatutos sociais. O seu novo capital social mínimo é de 3.000,00 €. A súa nova denominación é Labrecos, S. Coop. Galega. O seu novo obxecto social é «1. A cooperativa ten por obxecto a prestación do traballo das persoas socias para producir en común bens e servizos para terceiros. 2. As actividades económicas que desenvolverá a cooperativa, para o cumprimento do seu obxecto social, son: produción de horta ecolóxica, produción de ovos ecolóxicos, produción de carne ecolóxica, venda de elaborados de excedentes de horta, venda de produtos ecolóxicos, venda de mel, venda e comercialización de produtos ecolóxicos polo miúdo e venda de produtos de artesanía».

A Coruña, 4 de marzo de 2022

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña