Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2022 Páx. 17601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2021/178-4).

Expediente: IN407A 2021/178-4.

Promotora: Travesía do Pilar 2020, S.L.

Denominación: CT rúa do Pilar s/n.

Concello: Tui.

Feitos:

Primeiro. O 5 de agosto de 2021, a empresa Travesía do Pilar 2020, S.L. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación CT rúa do Pilar s/n e o 2 de febreiro de 2022 a empresa promotora achegou unha serie de aclaracións ao proxecto presentado.

Examinado o proxecto de execución e as aclaracións presentadas, conclúese que a infraestrutura eléctrica consiste na instalación dun centro de transformación de 630 kVA situado na planta baixa dun edificio de vivendas privadas, que será cedido na súa totalidade á empresa subministradora de enerxía eléctrica Sociedad Electricista de Tui Distribuidora, S.L., que se encargará dos traballos relacionados coa liña de media tensión subterránea e o entroncamento ao centro de transformación. As instalacións están localizadas na rúa do Pilar, s/n, Pazos de Reis, no concello de Tui (Pontevedra).

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG nº 5, do 11 de xaneiro de 2021) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresarias en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro).

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Centro de transformación en edificio non prefabricado de 630 kVA con dúas celas de liña e unha cela de protección que estará instalado na rúa do Pilar, s/n, Pazos de Reis, no concello de Tui (Pontevedra).

Conforme con todo o indicado, resolvo:

Primeiro. Outorgar á empresa Travesía do Pilar 2020, S.L. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada CT rúa do Pilar s/n, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. A empresa Travesía do Pilar 2020, S.L. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 15 de febreiro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra