Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2022 Páx. 17627

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 3 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-212/2021-V e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do expediente PSC-CO-212/2021-V e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

A Coruña, 3 de marzo de 2022

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-CO-0212/2021-V

76346643Y

Resolución

R/ Campo Sacramento, 25-1º, 15270 Cee, A Coruña

PSC-CO-247/2021-TRA

47387055V

Resolución

Lg. As Xubias de Abaixo, 56, 15006 A Coruña

PSC-CO-0343/2021-PPM

53480656K

Resolución

Vao, 56, 1º esq., 15930 Boiro, A Coruña