Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2022 Páx. 17629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 3 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0502/2021-PPM e dezasete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0502/2021-PPM e dezasete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 3 de marzo de 2022

María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0502/2021-PPM

53489347H

Inicio

A Igrexa, Baroña, 4, Porto do Son

PSC-FE-0507/2021-PPM

76969947X

Inicio

A Pesqueira, 241, Cabo de Cruz, Boiro

PSC-FE-0030/2022-PPM

76970258E

Inicio

Vista Alegre, 260, Escarabote, Boiro

PSC-FE-0042/2022-PPM

52938776K

Inicio

Campo da Feira, ptl. 3, 5º I, Padrón

PSC-FE-0049/2022-PPM

47375860T

Inicio

O Portiño, 2, baixo, A Coruña

PSC-FE-0052/2022-PPM

76778145M

Inicio

A Pesqueira, 193, Cabo de Cruz, Boiro

PSC-FE-0054/2022-PPM

53480656K

Inicio

Vao, 56, 1º esq., Boiro

PSC-FE-0055/2022-PPM

76968120T

Inicio

O Pazo,149, Rianxo

PSC-FE-0057/2022-PPM

76969103V

Inicio

A Igrexa, 29 A, Taragoña, Rianxo

PSC-FE-0058/2022-PPM

47375666J

Inicio

O Portiño, 36, baixo, A Coruña

PSC-FE-0060/2022-PPM

X5643292N

Inicio

Breiro, 13, 1º C, Boiro

PSC-FE-0062/2022-PPM

53795736R

Inicio

r/ Hórreo, 22, A Pobra do Caramiñal

PSC-FE-0063/2022-PPM

46907852L

Inicio

r/ Camariñas, 10, 4º, A Coruña

PSC-FE-0065/2022-PPM

76969830P

Inicio

A Igrexa, 29 A, Taragoña, Rianxo

PSC-FE-0066/2022-PPM

52938787D

Inicio

Avda. Constitución, 91, 4º C, Boiro

PSC-FE-0069/2022-PPM

34897106B

Inicio

r/ Xogo da Bóla, 1, Lorbé, Oleiros

PSC-FE-0073/2022-PPM

32685989E

Inicio

Avda. 19 de Febreiro, 2 esq., Ferrol

PSC-FE-0076/2022-PPM

32669333H

Inicio

Avda. de Galicia, 57, 2º D, Mugardos