Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2022 Páx. 17365

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar, para ser executada durante os anos 2022, 2023 e 2024.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

Resolución do 21 de febreiro de 2022, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), a realización de accións de apoio á Rede Iberoamericana de Investigación Pesqueira na implementación do decenio das ciencias oceánicas para o desenvolvemento sustentable e a Axenda 2030.

– Actividade: a realización das accións de apoio á Rede Iberoamericana de Investigación Pesqueira na implementación do decenio das ciencias oceánicas para o desenvolvemento sustentable e a Axenda 2030, así como o apoio na organización do VI Sibecorp previsto no ano 2024.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 21 de febreiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2024.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.01.721A.640.2, código do proxecto 2016 00324.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2022

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar