Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2022 Páx. 17237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2022, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas en varios expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-01722-O-2020 e un máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador LU-01722-O-2020 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2022

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción imposta

LU-01722-O-2020

3035-LFH

X6490759K

A oferta de servizos de transporte de mercadorías sen dispoñer do título habilitante exixible para realizalos ou para intermediar na súa contratación, ou levar a cabo esa intermediación incumprindo as condicións legal ou regulamentariamente exixidas para iso, tanto se se realiza de forma individual a un único destinatario ou destinataria como se se fai pública para coñecemento xeral a través de calquera medio.

18.11.2020; 18.44; N-VI; 543,8

Artigo 141.7 da LOTT

Artigo 198.8 do ROTT

Artigo 201.f) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

801 euros

XC-00561-O-2021

3781-JFG

X6627990B

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.
22.10.2020; 17.13; N-550; 44,0

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa alínea f) da LOTT

801 euros