Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2022 Páx. 16936

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican as entidades beneficiarias das subvencións concedidas en virtude da Orde do 8 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións públicas con cargo aos orzamentos xerais do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e se convocan para o exercicio orzamentario 2021 (código de procedemento MT821A).

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas en virtude da Orde do 8 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións públicas con cargo aos orzamentos xerais do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e se convocan para o exercicio orzamentario 2021 (código de procedemento MT821A).

Esta orde ten por obxecto promover o desenvolvemento sustentable das poboacións asociadas ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia mediante a concesión de axudas económicas para a realización de actividades na súa área de influencia socioeconómica.

Inclúense axudas destinadas á conservación ou restauración do patrimonio natural, iniciativas orientadas á eliminación de calquera tipo de impacto sobre os valores naturais ou culturais que xustificaron a creación do parque nacional, iniciativas dirixidas a garantir a compatibilidade das actividades e dos usos tradicionais coa finalidade e cos obxectivos dos parques nacionais, iniciativas destinadas á conservación ou á restauración do patrimonio arquitectónico, sempre que presenten un manifesto valor histórico-artístico ou cultural, iniciativas destinadas á posta en marcha de actividades económicas relacionadas co parque nacional, en particular, as relacionadas coa prestación de servizos de atención a visitantes e a comercialización dos produtos artesanais, iniciativas destinadas ao mantemento ou á recuperación da tipoloxía construtiva tradicional, iniciativas orientadas á divulgación e formación entre a poboación local dos valores e importancia do parque nacional, coa conservación dos valores naturais e culturais que xustificaron a súa declaración ou co uso sustentable dos recursos naturais, iniciativas públicas ou privadas orientadas á posta en valor ou á recuperación e divulgación do patrimonio arqueolóxico, etnográfico e cultural, que responden aos criterios ou actuacións tipificados no artigo 2 da Orde do 8 de abril de 2021, con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.03.541B.760.2, 08.03.541B.770.2 e 08.03.541B.780.2.

As contías e as entidades beneficiarias relaciónanse nos anexos I a III desta resolución.

Os importes foron aprobados por Resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural do día 30.6.2021.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2022

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO I

Relación de concellos beneficiarios ao abeiro da liña
orzamentaria 08.03.541B.760.2

Expediente

Entidade beneficiaria

Nome da actuación

Total puntuación

Importe subvención

PN-028/2021

Concello de Bueu

Subvención Freguifesta Ons

3,75

12.000,00 €

PN-010/2021

Concello de Vigo

Mellora caseta municipal asistencia sanitaria praia Rodas Cíes

3,70

12.000,00 €

PN-004/2021

Concello de Ribeira

Mellora do fornecemento de auga potable en Bretal-Olveira

2,88

11.247,43 €

PN-013/2021

Concello de Vilagarcía de Arousa

Fornecemento e instalación de reixa areeiro no bombeo

2,88

12.000,00 €

47.247,43 €

ANEXO II

Relación de entidades empresariais beneficiarias ao abeiro da liña
orzamentaria 08.03.541B.770.2

Expediente

Entidade beneficiaria

Nome da actuación

Total puntuación

Importe subvención

PN-014/2021

Oftefor, C.B.

Cortegada en vr: natureza en realidade virtual

2,76

6.000,00 €

PN-017/2021

Wireless Galicia, S.L.

Quaints-Illas Atlánticas

2,64

4.000,00 €

PN-018/2021

Iniciativas tradicionales marítimas, S.L.

O noso parque nacional. Coñecer para conservar

2,616

6.000,00 €

PN-027/2021

Social blue markets, S.L.

Cultura e natureza atlántica

2,616

6.000,00 €

PN-006/2021

Properdis, empresa de inserción laboral, S.L.

Actuacións de control sobre a flora exótica invasora

2,472

4.000,00 €

PN-009/2021

Triqueta verde, S.L.

Conto infantil

2,472

6.000,00 €

PN-008/2021

Bibiana Álvarez Seoane

Proxecto de ecoturismo inclusivo arquipélago de Cortegada

2,136

4.000,00 €

PN-021/2021

Ana Vázquez Iglesias

Olimpiadas de Patrimonio Cíes-Illas Atlánticas

1,992

4.000,00 €

PN-029/2021

Bata servicios integrales a la comunidad, S.L.

Illas accesibles para todos

1,848

4.000,00 €

PN-011/2021

Naútica medusa, S.L.

Limpezas de fondos na illa de Sálvora

1,752

1.409,92 €

PN-030/2021

Catro ventos, S. Coop. Galega

Publicación «Alén do azul. O mundo submariño da Ría de Vigo»

1,728

3.117,80 €

48.527,72 €

ANEXO III

Relación de particulares e institucións sen fin de lucro beneficiarios
ao abeiro da liña orzamentaria 08.03.541B.780.2

Expediente

Entidade beneficiaria

Nome da actuación

Total puntuación

Importe subvención

PN-007/2021

Fund. Amicos protec.pers. discap. psíquica

Proyecto Faser

3,336

4.000,00 €

PN-015/2021

Fundación Ceer

Curtametraxe sobre o PN das illas atlánticas: «As illas falan»

2,784

3.580,00 €

PN-020/2021

13 grados. Sociedade cooperativa galega

Un paseo baixo o mar-rutas interpretativas submariñas

2,76

5.897,32 €

PN-016/2021

Fundación Matrix. Investi. desarr. Sosteni.

Climillat

2,64

4.000,00 €

PN-001/2021

Asociación mariscadoras de Carril, Amarcarril

Proxecto visitas guiadas illa de Cortegada

2,568

2.101,98 €

PN-019/2021

Amigos das embarcacións tradicionais

Restauración dorna polbeira de Ons pola asociación Os galos

2,352

3.885,43 €

PN-022/2021

Daniel/Asc. Pés de barro

A pirata María. Programa de fusión dos valores do PNIAG

2,136

4.000,00 €

PN-023/2021

Sociedade estudo e conservación patrimonio natural e etnográfico

Os fondos mariños do parque nac. para nenas e nenos sen medo

2,136

4.000,00 €

PN-003/2021

Fundación para la pesca y marisqueo

Navegas patrimonio marítimo-pesqueiro ría de Vigo e ría de Arousa

2,136

1.851,16 €

PN-005/2021

Césareo Pérez Patiño

Instalación fotovoltaica

2,016

6.000,00 €

PN-002/2021

Asoc. Grupo estudio medio mariño (GEMM)

Elaboración dun libro-guía sobre os cnidarios do PN

1,992

4.000,00 €

PN-025/2021

María Jesús Otero Acuña

Reparación-acondic. exterior vivenda illá+horto ecolóxico

1,988

5.211,83 €

48.527,72 €