Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2022 Páx. 16871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2022 polo que se notifica o acordo de incoación e prego de cargos do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/14/2020.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 4 de novembro de 2021, incoar o expediente sancionador, de restitución e reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, sen a preceptiva autorización autonómica, consistentes na reparación e consolidación dunha edificación para uso residencial, soleira exterior, caseta, piscina, cerramento e muros de contención, mesa e bancos de pedra, pérgola e grella no lugar de praia de Mourisca, no termo municipal de Bueu, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo ao interesado con documento nacional de identidade 35211513P, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística