Antecedentes:
Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 24 de febreiro de 2022, aprobouse provisionalmente o contido do documento para información pública do proxecto de construción de beirarrúa na PO-315, treito Beluso-A Chadiza, de clave PO/21/018.06.
O obxecto do proxecto consistirá na execución dunha beirarrúa pola marxe esquerda da estrada PO-315 entre os núcleos da Chadiza e A Costa do Figueirón (puntos quilométricos (p.q.) aproximados 2+150 ao 2+750, na parroquia de Beluso, completando así un itinerario peonil seguro ao conectar este novo treito cos xa existentes no seu inicio e final; así como na execución en ambas as dúas marxes da estrada das reservas de plataforma adecuadas para a paraxe de bus do p.q. 2+500. A obra complétase coas seguintes actuacións complementarias: adecuación e/ou renovación dos servizos presentes no treito de actuación e a mellora da capa de rodaxe da calzada naqueles treitos que están deteriorados.
Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,
RESOLVO:
Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.
Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.
Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.
Cuarto. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avda. Mª Victoria Moreno, 43, 1º, 36071 Pontevedra) e no Concello de Bueu (Eduardo Vicenti, 8, 36930 Bueu, Pontevedra).
Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
(https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos) atópase á disposición dos interesados a separata do proxecto de construción.
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2022
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados por
beirarrúa na PO-315, treito Beluso-A Chadiza, clave PO/21/018.06
Concello de Bueu. Pontevedra.
Nº |
Referencia catastral |
Pol. |
Parc. |
Titular |
DNI |
Situación básica do chan |
Natureza |
Clasificación urbanística |
Superficie catastral (m2) |
Área afectada (m2) |
Bens |
Med. (ud.) |
1 |
36004A00100110 |
001 |
110 |
Pérez Ríos, Agustín (PR_100) |
Descoñecido |
Rural |
Rústico |
Solo rústico de especial protección infraestruturas |
853 |
82 |
||
2 |
36004A00100109 |
001 |
109 |
Pastoriza Molanes, Delfina (US-100) Pérez Pastoriza, Ramón (NP_100) |
***6021** ***7586** |
Rural |
Rústico |
Solo rústico de especial protección infraestruturas |
1.179 |
87 |
||
3 |
36004A00100108 |
001 |
108 |
Pérez Ríos, Erundina (PR_100) |
***6110** |
Rural |
Rústico |
Solo rústico de especial protección infraestruturas |
1.478 |
57 |
||
4 |
36004A00700001 |
007 |
1 |
Menduiña Fontán, Juan, her. (PR_100) |
***5126** |
Urbanizado |
Rústico |
Solo núcleo rural |
3.006 |
116 |
Aramado con postes de pedra |
44 |
5 |
36004A00800043 |
008 |
43 |
González Abal, Daniel (PR-50) Jardón Adán, Mª Dolores (PR-50) Núñez Barreiro, Sergio (PR-50) Patiño Domínguez, Adriana (PR-50) Rodríguez Rodríguez, Antonio (PR-50) García Granja, Digna (PR-50) Iglesias Núñez, Javier (PR-50) Parada Rosales, Argentina (PR-50) Gil Lozano, Nerea (PR-50) Dopazo Soage, Mª Belén (PR-50) Santos Gómez, Diego (PR-50) Santos Herbello, Salvador, herd. (PR-100) |
***1324** ***4580** ***1712** ***1187** ***0314** ***8075** ***1370** ***1201** ***7938** ***9952** ***1071** ***5179** |
Urbanizado |
Rústico |
Solo núcleo rural |
940 |
13 |
Muro de pedra |
13 |
6 |
36004A00800042 |
008 |
42 |
Álvarez García Salvador (PR_100) |
***9911** |
Rural |
Rústico |
Solo rústico de especial protección infraestruturas |
762 |
273 |
||
7 |
36004A00800001 |
008 |
1 |
López Méndez Carmen (PR_100) |
***6315** |
Rural |
Rústico |
Solo rústico de especial protección infraestruturas |
762 |
101 |
||
8 |
36004A00800002 |
008 |
2 |
Pastoriza Ferradás, Salvador Manuel (PR_100) |
***9427** |
Rural |
Rústico |
Solo rústico de especial protección infraestruturas |
579 |
68 |