No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 11/2022 (procedemento abreviado), de María Perfecta Fernández González contra a estimación parcial do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 10 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación correspondentes ao primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria (DOG núm. 168, do 1 de setembro).
Categoría: facultativa especialista da Área de Farmacia Hospitalaria.
Acceso: libre.
Ámbito: autonómico.
Epígrafe: experiencia.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2022
Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos