Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Foral I, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:
a) Antecedentes:
Primeiro. Mediante escrito do 23 de decembro de 2021, José Luis Díaz del Río (***7833**) e Josefa Parcero González (***3258**) solicitaron autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Foral I.
Segundo. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro) e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG número 180, do 21 de setembro).
Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.
Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).
Vistos os antecedentes citados e de acordo coas consideracións legais e técnicas, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de María Sandra Díaz Parcero (***3677**), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Foral I.
Situación:
Cuadrícula número: 54.
Polígono: B.
Distrito: Cangas (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título administrativo habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 27.5.1964.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: José Luis Díaz del Río (***7833**) e Josefa Parcero González (***3258**).
Nova titular: María Sandra Díaz Parcero (***3677**).
A nova titular da concesión subrógase nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento de formalización da mellora en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).
Vigo, 4 de febreiro de 2022
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo